Notas de prensa

Profesionais e asociacións de pacientes participarán na humanización da sanidade pública de Ourense

Ourense, 29 de xaneiro de 2020

Un concurso de ideas e iniciativas de humanización, para aplicar nos hospitais e centros de saúde da provincia, servirá para integrar o criterio e percepcións dos pacientes e dos profesionais nos proxectos de humanización a desenvolver pola sanidade pública de Ourense.

A posta en marcha desta novidosa iniciativa de participación e compromiso coa humanización, foi esta tarde un dos temas centrais da primeira reunión anual do Consello Asesor de Pacientes da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras formado por mais dunha vintena de asociacións con presenza na provincia, que tamén servíu de marco de presentación a recén creada Asociación de Amigos da Área Sanitaria de Ourense, e informar sobre a actividade asistencial atendida en 2019 e obxectivos 2020.

Precisamente, a finalidade deste Consello, ou estrutura de participación e asesoramento, é facilitar o contacto directo entre pacientes e xestores da sanidade pública de Ourense, para recoller súas percepcións e achegas, cara ao desenvolvemento conxunto de obxectivos asistenciais e de humanización dos servizos sanitarios públicos.

Asociación de Amigos da Área Sanitaria

Aínda que ben coñecida para a maioría de organizacións de pacientes da provincia, a reunión desta tarde tamén servíu para presentar a recén nomeada xefa do Servizo de Atención ao Paciente e Humanización, Belén Piñeiro, traballadora social do Hospital Universitario de Ourense, e unha das promotoras da Asociación de Amigos da Área Sanitaria de Ourense, integrada por numerosos profesionais e voluntarios que desexan colaborar, para facer posible unha asistencia máis humana, e axudar aos pacientes, tamén cando non están ingresados ou en consulta, respondendo así ás necesidades sociais e humanas que día a día se vivencian nos hospitais e centros de saúde.

A nova asociación nace coa vontade de colaborar co resto de asociación de pacientes e ONGs que traballan no eido da saúde, e é precisamente a promotora da Convocatoria de ideas de humanización, que conta co compromiso da Xerencia da Área para desenvolvela, ademais dun premio en efectivo para a asociación ou autor da proposta que resulte elixida.

Consello aberto a tódalas asociacións

En Ourense Consello está formado polas seguintes asociacións: de Enfermos/as de Crohn e Colite Ulcerosa de Ourense (Accu Ourense); Asociación Española Contra o Cancro (AECC Ourense); de Familiares de Alzheimer e outras Demencias de Ourense (Afaor); de Fibromialxia, Síndrome de Fatiga Crónica e Sensibilidade Química Múltiple de Ourense (Affou); Galega de Hemofilia (Agadhemo); Galega de Linfedema, Lipedema, Insuficiencia Venosa Crónica e outras Patoloxías

Os Consellos Asesores de Pacientes xurden da reforma da Lei Sanitaria de Galicia, onde se establece seu funcionamento e funcións, como órganos de participación social dos pacientes de cada Área Sanitaria, co obxecti

vo de mellorar a calidade asistencial tendo en conta a percepción dos pacientes.Vasculares Periféricas (Agl); para a Loita contra as Enfermidades Renais de Ourense (Alcer Ourense); de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes de Galicia (Anedia); Ourensá de Esclerose Múltiple, ELA, Párkinson e outra

Ádemais das devanditas asociación a participación está permanentemente aberta as que desexen incorporarse en s Enfermidades Neurodexenerativas (Aodem); de Persoas Xordas de Ourense (Apsou); para a Saúde Emocional na Infancia e Adolescencia (Aseia); Asociación Diabética Auria (Auria); de Dano Cerebral Adquirido de Ourense (Renacer); de Persoas con Discapacidade da Comarca de Valdeorras e Asociadas (Disvalia); Asociación Down Ourense (Down Ourense); de Familiares e Enfermos Mentais Morea (AFEM Morea); por Eles Tea Ourense (Petea); e as Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Ourense (Discafis-Cogami); Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (Fegerec) e a Liga Reumatolóxica Galega (LRG).

próximas reunións, previstas cunha periodicidade semestral.

Outras das funcións do consello será colaborar nos contidos das guías de información dirixidas aos e/ou ás pacientes que, dalgún modo, lles afecten; asesorar sobre a información de mellora da seguridade dirixida aos e ás pacientes; contribuir ao deseño dos espazos dos centros sanitarios, para a mellora da súa accesibilidade e funcionalidade, e realizar propostas de mellora da atención e coidado dos e das pacientes.

Contactos de prensa

Natalia Díaz

Communications & CSR Lead
AstraZeneca Farmacéutica Spain

  • +34 91 301 91 27
  • +34 659 879 066

Marta Palomero

Internal & External Communications
Manager AstraZeneca Farmacéutica Spain

  • +34 91 301 90 50
  • +34 638 021 838